

Estratexia
Manter un alto nivel de formación técnica, con continuas participacións en cursos, foros e encontros nos que se poidan actualizar coñecementos. Con iso conséguese un elevado grao de satisfacción dos clientes, grazas a un esforzo continuado de readaptación ás novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación.
Adiantarse á demanda. O progreso nace a uns niveis de Investigación e Desenvolvemento moi por encima das necesidades sentidas no mercado habitual, de forma inmediata. A competitividade das empresas refórzase cando dispoñen de facilidades para adaptarse ás mellores ferramentas, adecuándose aos cambios que optimicen a súa oferta.
Prepararse para atender esa demanda, anticipando as experiencias e valoracións das novidades máis interesantes, para expor con seguridade as melloras que se precisen, evitando riscos derivados da típica inconsistencia das primeiras versións.
