

Intergal
Fundada en 1999, por cinco traballadores/socios dunha sociedade anónima que deciden constituírse en cooperativa, INTERGAL está integrada por un equipo altamente cualificado: expertos en traballos de análise e desenvolvemento de aplicacións informáticas para clientes finais. A súa progresiva experiencia e formación continuada permítelles manter uns niveis de alta calidade tanto nas implantacións como nos traballos posteriores de mantemento e actualización.
Está presente en asociacións profesionais, como INEO e o CLUSTER GALEGO DAS TIC, de forma activa, participando en grupos de traballo e formación técnica, pondo énfase no seu carácter de entidade identificada cos principios de economía solidaria, como un camiño alternativo á tendencia de aplicar estratexias neoliberais, aparentemente eficaces a curto prazo, pero desastrosas no medio ou longo.
Socialmente, INTERGAL participa en entidades representativas do movemento social, que buscan un desenvolvemento sustentable, que propugnan principios de solidariedade, respecto pola natureza e patrimonio cultural e social, e unha concienciación das persoas da súa responsabilidade social. Estamos integrados en UGACOTA, REAS GALICIA, COOP57, FIARE, como cooperativa e, nivel persoal dos socios, noutras asociacións de diversa índole.
Na súa praxe interna, ademais dos obxectivos profesionais, preténdese profundar nos principios que instrúen a estratexia cooperativa, atendendo a continua formación e aplicación dos principios cooperativos.
